En 1951 un grupo de emigrantes galegos en Arxentina visitan Galicia e realizan unha serie de actos culturais. Entre eses actos cóntase a asistencia a unha reunión con Membros da Real Academia Galega e unha homenaxe a Curros Enríquez na Coruña. A eses actos asiste un mozo Paco Del Riego que conta daquela con 38 anos. As imaxes dese acto conserváronse filmadas polo oftalmólogo Antón Beiras nunha vella lata de cine no arquivo familiar. 

Hai uns anos esas imaxes foron rescatadas da súa destrución por Miguel Piñeiro que fixo unha restauración fotograma a fotograma dun negativo que estaba a piques de perderse. 

Hoxe, no Dia das letras Galegas dedicado a Paco del Riego, Faro de Vigo ofrécellas ao seus lectores acompañadas da voz de Antón Beiras recitando o poema A Fala de Eduardo Pondal.

A película completa foi exhibida no Museo Marco de Vigo entre maio e setembro de 2019.