Unha viaxe no tempo para brindar

Martín Códax lanza a edición Fragmentos de Onte do seu albariño cunha colección de seis botellas coa selección do legado fotográfico da americana Ruth Matilda Anderson

M. G.

A Bodega Martín Códax trae ata Vigo a exposición Fragmentos de Onte, que estará na Sede Afundación ata o 10 de xuño, e que coincide co lanzamento da edición especial do seu albariño Fragmentos de Onte, unha colección de seis botellas únicas coa selección do legado fotográfico da americana Ruth Matilda Anderson que estará dispoñible por tempo limitado.

Trátase de fotografías que afondan na vida do pobo galego grazas ós relatos visuais que realizou entre os anos 1924 e 1926, nos que recolle fragmentos da vida feminina, da beleza do cotiá, que agora visten o albariño de Martín Códax.As fotografías elixidas para esta edición especial son: Palilleiras traballando nunha casa en Muxía; Arranxando redes (Marín); Remexendo a ribeira na procura de marisco (Cortegada); Leiteiras de volta a Carnota; Levando cacharros á feira mensual (Ourense); e Mercado de madeira e palla (Pontevedra). “É unha pequena gran homenaxe á tradición e á nosa orixe, algo que temos moi presente dende o noso nacemento”, dixo Xoan Allegue, presidente das Bodegas Martín Códax.

“- Hoxe nos estades contando, con esta Exposición, o que é recuperar a cultura dun territorio, dun espacio, de toda Galicia, é unha parte sustacial da vosa cultura, da vosa Bodega. ”

Abel Caballero, Alcalde de Vigo

decoration

Coincidindo co lanzamento desta edición especial, Bodegas Martín Códax trae ata Vigo (ata o 10 de xuño) a Exposición Fragmentos de Onte, que posteriormente se trasladará a Santiago (do 21 de xuño ó 29 de xullo), en colaboración coa Asociación Etnográfica Sete Espadelas, e na que se poderá ver unha mostra do legado da fotógrafa americana. Na súa presentación estivo presente onte o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba; a concelleira de Emprego e Patrimonio de Vigo, Elena Espinosa; e a deputada de Turismo e Cultura da Deputación, Ana Laura Iglesias.

Unha das fotografías mais coñecidas do legado fotográfico da americana Ruth Matilda Anderson

Unha das fotografías mais coñecidas do legado fotográfico da americana Ruth Matilda Anderson / Ruth Matilda Anderson

Caballero indicou que esta exposición é unha mostra do que é “recuperar a cultura dun territorio, dun espazo, de toda Galicia”. “Martín Códax foi quen de trasmitir dende esta cidade de Vigo unas cantigas dende o amor, o recordo…Estar aquí hoxe (por onte) convosco é unha continuidade desa tradición de tantos séculos que alumbrou de forma perenne a esta cidade. Hoxe estamos aquí na presentación dunha Edición Especial de Bodegas Martín Códax que ten tradición, poesía, medioambiente e ten calidade, a calidade de tantos homes e mulleres que sodes quen de facer un producto extraordinario”, engadiu.

Anderson viaxou a Galicia entre 1924 e 1926 por orde de Archer Milton, fundador da Hispanic Society of America de Nova York para recoller, en varias expedicións, todo o material etnográfico estaba a piques de se perder: oficios, festas, traxes típicos... Deste xeito, a exposición é unha mostra do material recollido durante cinco anos de estudio e análise sobre a viaxe e o libro da fotógrafa, recollendo preto de mil pezas de roupa (moitas delas antigas ou reproducidas a partir de patróns ou tecidos antigos), aparellos de labranza, obxectos do fogar e outros elementos típicos da época. Trátase duna “viaxe no tempo” no que ir cen anos atrás para recuperar os vellos oficios xa esquecidos, como as feiras, as romarías ou os traballos do mar e do campo.

A exposición en Vigo estará aberta ata o 10 de xuño na Sede Afundación, con horarios de 17:30 a 20:30 de luns a sábado. Ademais, o espazo acollerá diferentes contidos culturais, entre os que se atopan showcookings de recoñecidos cociñeiros da cidade (como Víctor Conus ou Sergio Vázquez e Yago Valverde).

Fragmentos de Onte tamén se poderá vivir a través dunha completa visita guiada que rematará cunha cata da man dun dos sumilleres da adega. Tanto as entradas para asistir ós showcookings como as das visitas e catas comentadas teñen aforo limitado, polo que haberá que mercar a entrada na web das Bodegas Martín Códax (https://mtr.bio/bodegasmartincodax).