O Museo do Pobo Galego homenaxea a Antía Cal, que hoxe cumpriría 100 anos
O Museo do Pobo Galego acolle hoxe (18.00 horas) un acto de recordo da figura de Antía Cal, fundadora da Escola Rosalía de Castro en Vigo, que hoxe cumpriría 100 anos. A pedagoga foi, ademais, socia fundadora da institución que hoxe acolle dita homenaxe.
Os catro fillos de Antía Cal decidiron que fose precisamente o Museo do Pobo Galego o que custodiase os orixinais dos dous libros que escribiu nos anos cincuenta do pasado século, con vocación de dotar de libros educativos en galego as escolas do país. A entrega formal dos dous libros farase neste acto que se celebrará no claustro de San Domingos de Bonaval.
Tanto “O libro dos Nenos”, que recibira un premio convocado polo Lar Galego de Caracas, como “A Arte e a súa historia” non puideron ver a luz ata a segunda década do século XXI. Ningún dos dous terían pasado a censura do réxime franquista, que impediría a entrada de manuais escritos en galego nas escolas.
Aínda así Cal dende a escola Rosalía conseguiu abrir novos camiños para a renovación pedagóxica en Galicia ata converter o centro nun referente tanto na cidade como fóra dela.
Temas
Más en Sociedad
-
Dos ofertas de trabajo "de época": mayordomo en Baiona y pareja de guardeses con vivienda en A Coruña
-
Sorteo Bonoloto del lunes 21 de mayo de 2024
-
Euromillones: resultados del sorteo del martes 21 de mayo de 2024
-
Bodas ante notario: una opción al alza que obliga a rascarse el bolsillo ante el atasco judicial