Tres libros galegos, entre as mellores obras de literatura xuvenil da selección IBBY

“Plan de rescate”, de Antía Yáñez; “Nicolás cociña sen lume”, de Alicia Suárez, e “Mi Lazarilla, mi Capitán", de Gonzalo Moure veñen de ser seleccionados para integrar a lista deste ano

A escritora Antía Yáñez.

A escritora Antía Yáñez. / Alberte Sánchez Regueiro

Redacción

O libro “Plan de rescate”, que a autora galega Antía Yáñez publicou con Xerais; “Nicolás cociña sen lume”, de Alicia Suárez, e “Mi Lazarilla, mi Capitán", de Gonzalo Moure —ambos editados por Kalandraka— veñen de ser seleccionados para integrar a lista deste ano da Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil (IBB Y), adiantou onte Xerais nun comunicado.

A nota aclarou que en días se anunciará a selección final, que será presentada na Feira Internacional do Libro de Boloña, que se celebrará en marzo.

No caso de “Plan de rescate”, Antía Yáñez preséntanos o que lle acontece un día a catro compañeiros de clase, Xeila, Heitor, Aldán e Noela, que traballan na aula de apoio.

De súpeto, a mestra desaparece pero comezan a ver policías mentres deberán botar man do compañeirismo e o traballo en equipo para levar adiante o seu plan de rescate.

Esta novela infantil forma parte da selección de obras destacadas que tratan a diversidade funcional.