Síguenos en redes sociales:

A catedrática de Filoloxía Sánchez Palomino ingresa na Real Academia Galega como membro de número

A investigadora dirixe a revisión e actualización do Dicionario bilingüe castelán-galego

A catedrática de Filoloxía Sánchez Palomino ingresa na Real Academia Galega como membro de númeroLOC

María Dolores Sánchez Palomino ingresará o sábado 17 de decembro na Real Academia Galega como membro de número. A catedrática de Filoloxía Románica da Universidade da Coruña, investigadora de prestixio internacional no ámbito da lexicografía, é membro correspondente da RAG dende 2004 e na actualidade dirixe a revisión e actualización do Dicionario bilingüe castelán-galego, que estará dispoñible proximamente en liña.

A filóloga pronunciará o discurso titulado “Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe? [De lexicografía e Academias]”, ao que lle dará resposta en nome da entidade galega o director do Seminario de Lexicografía, Manuel González González.

A académica electa ocupará a cadeira vacante tras o pasamento do arquitecto Andrés Fernández-Albalat nunha sesión extraordinaria pública a partir das 12.30 horas. Poderá seguirse tamén en directo dende academia.gal e na canle de Youtube da institución.

Pulsa para ver más contenido para ti