Ángel Carracedo, investigador e catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, é o ganador do Premio Otero Pedrayo 2022. Está é a primeira vez que o galardón máis lonxevo de Galicia homenaxea unha carreira centrada na investigación médica e científica. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña na entrega desta distinción convocada pola Xunta e as catro deputacións provinciais desde 1977.