Síguenos en redes sociales:

Xunta e “la Caixa” inauguran o xoves no Gaiás unha mostra sobre surrealismo e deseño

Xunta e “la Caixa” inauguran o xoves no Gaiás unha mostra sobre surrealismo e deseño

A Xunta e a Fundación “la Caixa” inauguran o xoves no Museo Centro Gaiás a exposición ‘Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño, 1924-2020’, que explora o intercambio e diálogo entre arte surrealista e deseño contemporáneo ao longo dos últimos cen anos.

A mostra, que abrirá as súas portas ao público ao día seguinte (venres día 8), está organizada pola Fundación “la Caixa” e o Vitra Design Museum (Weil am Rheim), un dos museos máis importantes do mundo no eido do deseño, coa colaboración da Xunta a través da Cidade da Cultura no marco do Xacobeo 21-22. Conta co patrocinio de Hugo Boss e o apoio de Art Mentor Foundation Lucerne.

A mostra trae a Compostela icónicas obras de artistas como Man Ray, Salvador Dalí, Giorgio de Chirico ou Le Corbusier, e tamén de nomes do deseño contemporáneo: desde Ray Eames a Ingo Maurer, Gae Aulenti ou Frederick Kiesler, entre outros. A exposición poderá visitarse entre o 8 de abril e o 28 de agosto, de martes a domingo e entrada de balde.

Pulsa para ver más contenido para ti