Síguenos en redes sociales:

Escola en Camiño: un percorrido dende os colexios pola historia da ruta xacobea

Faro de Vigo e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade lanza un novo proxecto para difundir entre os máis novos os valores das vías de peregrinaxe en Galicia

Escola en Camiño: un percorrido dende os colexios pola historia da ruta xacobeaFDV

Da igual a quen se lle pregunte, xa sexan propios ou alleos: se algo marca a identidade de Galicia dentro e fóra das súas fronteiras, se existe un embaixador universal do país e da súa tradición, ese é o Camiño de Santiago. Una viaxe que transforma, un percorrido pola esencia dunha historia, unha ruta na que encontrar e reencontrarse... o Camiño ten mil e unha definicións, tantas como peregrinos que completaron a experiencia. Pero sobre todo é patrimonio, material e inmaterial que, como tal, merece ser protexido e posto en valor.

Precisamente, desta suma de obxectivos xorde ‘Escola en Camiño’, un proxecto de Faro de Vigo en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia dirixido aos centros educativos de Galicia para divulgar entre as xeracións máis novas a dimensión cultural, social, económica y humanística do Camiño de Santiago.

E xa o dicía Benjamin Franklin nunha célebre frase: “Dimo e esquecereino, ensínamo e recordareino, involúcrame e aprendereino” , así que para educar ao alumnado e inculcarlles os coñecementos e os múltiples valores deste privilexiado roteiro universal Escola en Camiño proponlle aos centros que desexen participar nesta actividades elaborar entrevistas, reportaxes, fotografías, ilustracións, debuxos, vídeos ou podcast que teñan como temática as diferentes vertentes do Camiño, convidándoos deste xeito a indagar sobre a súa historia no sentido máis amplo.

A actividade, aberta a todos os centros galegos, extenderase ata o mes de abril

Ademais, a inciativa inclúe charlas nos centros para reforzar o proxecto e contribuir á formación dos docentes.

Cómo participar

Escola en Camiño comeza a súa andaina con esta primeira edición en decembro do 2021 e permanecerá en marcha ata abril do 2022. A actividade está aberta a todos os centros educativos de Primaria e Secundaria de Galicia que poderán inscribirse na páxina web www.farodevigo.es/escola-en-camino.

Pulsa para ver más contenido para ti