Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

“Mataranas porque hai un motivo”

Alumnos de Bacharelato no Politécnico de Vigo, con Carme Adán e Francisco Castro. Pablo Hernández Gamarra

“Non creo que os homes vaian mallando nas mulleres por ser mulleres”. “Que diferencia hai entre un can que non quere seguir co dono porque o maltrata e a mesma situación pero nunha muller ou un home?”. “O problema non é o machismo senón os problemas psicolóxicos máis profundos de determinadas persoas”. “Penso que á violencia de xénero estáselle dando máis importancia respecto a outros crimes”. Son frases de alumnos de Bacharelato durante un debate ao redor da violencia de xénero que evidencian que algo falla. No día mundial contra esta lacra, medios de comunicación, familias, profesorado e administración estamos a transmitir ben a mensaxe? Inda queda moito traballo por facer.

É mediodía no IES Politécnico de Vigo. Unha clase de Segundo de Bacharelato coa profesora Carme Adán abre un debate que arde: a violencia de xénero nos nosos días e como a perciben os máis novos, os adultos do futuro.

Ante a pregunta de se cren que hai máis violencia machista hoxe que hai dez anos ou cando seus pais eran adolescentes os primeiros en responder son unha rapaza e un rapaz de non máis de 17 anos. Téñeno moi claro: “Hai máis. Os tempos cambian e imos a peor, bastante a peor”, sinala o alumno.

A rapazada amósase cada vez máis concienciada contra a violencia contra a muller inda que os estereotipos persisten | Parte dos mozos varóns cren que se sobredimensiona o problema

O mozo explica que se ben hai unha educación “diferente” agora, “a xente non quere aprender”. Unha compañeira a varias fileiras de distancia engade: “Penso que antes había pero non se recoñecía. A xente facía como que era normal”. Un terceiro compañeiro súmase para engadir que “o cambio é gradual, é algo moi asentado na sociedade. Son uns valores tradicionais de épocas pasadas”. É dicir, estereotipos.

Cando o debate se dirixe á súa propia experiencia, non abondan as respostas. Só varios “si” en alto que recoñecen ter sido espectadores de relacións tóxicas no instituto, “de control de rapaces sobre rapazas”. Os detalles desas experiencias son caladas e ese silencio abre centos de incógnitas.

Alumnos de Bacharelato no Politécnico de Vigo, con Carme Adán e Francisco Castro. Pablo Hernández Gamarra

Tamén xorden as preguntas cando collen confianza e se liberan da teoría para expresar as opinións de seu. “Ás veces, o discurso da violencia de xénero utilízase para atacar os homes e quizais, por iso, hai moitos que se están poñendo á defensiva”, sinala un rapaz, mentres que outro engade: “Penso que á violencia de xénero estáselle dando máis importancia respecto a outros crimes”.

Un terceiro compañeiro amosa unha opinión dentro do mesmo marco: “Nos últimos anos estase visibilizando máis a violencia de homes contra mulleres pero se te paras a ver os datos hai máis asasinatos de homes cara homes que de homes contra mulleres. Os datos de homes sufrindo violencia de todo tipo son maiores. Non digo que isto sexa un dato para deixar de lado a loita contra o machismo pero o tema da violencia é moito máis amplo”.

65

25-N en Galicia: las calles estallan contra la violencia machista Faro de Vigo

Está claro que tanto eles como elas están preocupados pola violencia da que poden ser obxecto. O incremento da violencia xuvenil é unha realidade que non podemos esquecer.

Neste punto, é mester botar unha ollada aos datos do ano 2019. Nese exercicio, o número de homicidios en España subiu a 333. Desta cifra, o 62% tiveron como vítimas a homes. O 38%, a mulleres.

Sen embargo, se se analiza en que ámbito tivo lugar, a tixola dá a volta. Foron 67 os homicidios a mulleres perpretados por familiares, parellas ou exparellas fronte aos 24 homes asasinados por familiares, compañeiras ou exparellas.

De volta ao debate, un alumno indica que “tal e como está estipulada a lei calquera tipo de violencia dun home contra unha muller considérase violencia de xénero”. Carme Adán intervén para aclarar conceptos: O rapaz amósase contrariado. “Ah, non?”, pregunta para pedir esclarecer que é violencia de xénero.

Aquí, como xornalistas, facemos outro inciso. Na páxina web do Ministerio de Servicios Sociales, ofrecen unha definición: “A violencia de xénero é aquela que se exerce sobre as mulleres por parte de quen estea ou estivera ligado a ela por relacións de afectividade (parellas ou ex-parellas)."

"O fin do agresor é producir dano e conseguir o control sobre a muller, polo que se produce de xeito continuado no tempo”

decoration

Alumnos de Bacharelato no Politécnico de Vigo, con Carme Adán e Francisco Castro. Pablo Hernández Gamarra

De regreso á aula do Politécnico,Adán responde que se considera violencia de xénero “cando se atenta contra a integridade da muller por ser muller, por exemplo, unha violación”. Un estudante reflexiona: “Non creo que os homes vaian por aí mallando nas mulleres porque sexan mulleres”.

E tras esta frase, lembramos a Diana Quer, que como tantas outras, foi asasinada tras ser violada. Non obstante, é normal que a rapazada se arme un lío. Na estatística oficial, o asasinato de Diana Quer non está considerado violencia de xénero porque o Chicle non era do seu entorno afectivo. O Ministerio de Igualdad avanzou esta semana que dende o 1 de xaneiro de 2022 todas as mortes de mulleres por violencia machista –tanto se foi polas súas parellas, exparellas como se non– serán contabilizadas nunha estatística única de feminicidios.

Cara o remate do debate, outro compañeiro expresa: “Matarán as mulleres porque hai un motivo”. E aquí quen fala é o escritor Francisco Castro, presente tamén no debate, que xusto no seu último libro, “O cemiterio de barcos”, trata sobre unha relación tóxica entre un rapaz e unha rapaza e a visión errada da masculinidade: “Hai que analizar esas palabras. Como que debe haber un motivo? Non pode haber un motivo para matar. Debedes ver o matiz. Os nazis tiñan un motivo para cargarse 11 millóns de xudeus pero iso non o xustifica. O tema está nese home que considera que esa muller é a súa muller inda que ela non o queira seguir sendo. El pensa ‘non tolero que non sexas da miña propiedade, por tanto, mátote’”.

Compartir el artículo

stats