A “Facultade Ágora” celebra hoxe a súa xornada inaugural coa visita presencial á Deputación de Pontevedra do director de Axenda Urbana do Ministerio de Mobilidade, Iñaqui Carnicero, que exercerá de padriño da iniciativa provincial e dará a conferencia “Axenda Urbana e espazo público”, na que falará da necesidade de que os gobernos públicos traballen pola recuperación do espazo público para as persoas fronte ao vehículo privado. A xornada comezará ás 10.30 horas cun acto no salón de plenos do Pazo Provincial no que estarán presentes a presidenta Carmela Silva; o vicepresidente, César Mosquera; o deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxío Benítez; a representante da Rede de Cidades que Camiñan, Rocío Plasencia, e o coordinador de contidos do curso, Fernando Nebot. Despois das intervencións institucionais chegará a quenda de Carnicero.

Despois, os representantes provinciais acompañarán a Carnicero pola cidade de Pontevedra para darlle a conocer in situ o traballo realizado ao abeiro do “modelo Pontevedra” que se quere estender no resto da provincia.

O venres será a segunda xornada formativa, titulada “A cidade dos 15 minutos no territorio disperso”, na que participarán Carlos Moreno, experto en “cidades vivas” e asesor da alcaldesa de París; Isabela Velázquez, arquitecta urbanista e consultora en proxectos de urbanismo sustentable, e Rubén Lois, director da Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais. e Valeiro González, entre outros, para falar da teoría das cidades 15 minutos.