Síguenos en redes sociales:

A Fundación Xosé Neira Vilas recupera o premio Arume de Poesía para a Infancia

A Fundación Xosé Neira Vilas celebrou este ano o Día Mundial da Poesía cunha boa noticia: a recuperación do Premio Arume de Poesía para a Infancia. A primeira convocatoria do certame bianual establecido pola Fundación foi en 2001 e nela resultara premiado o poemario ‘Lúa de pan’, de Xosé María Álvarez Cáccamo e a última fora en 2015, ano do pasamento de Xosé Neira Vilas, na que resultou galardoado o poemario ‘Soños de nenos’, de Mónica Inés Varela Gestoso.

A iniciativa posta en marcha por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda retómase agora co apoio da organización da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). A empresa galega Deleite patrocinará o certame, que estará dotado con mil euros e a publicación da obra, da que se encargará Edicións Embora. O prazo de presentación de orixinais está aberto ata o 17 de maio de 2021 (inéditos e cun mínimo de 350 versos).

Pulsa para ver más contenido para ti