O goberno de Carmela Silva vén de lanzar hoxe unha ambiciosa campaña nacional e internacional "Viaxa mañá", un audiovisual que pon en valor os recursos da provincia de Pontevedra e o esforzo que está a facer o sector turístico ante a pandemia. Nestes momentos de confinamento nos que todas e todos temos que quedarnos na casa, en "tanto o sector privado como as administracións estamos a traballar para que poidan vir mañá e se atopen con todo o que esperan", apuntan dende a Deputación.

Trátase dunha aposta "emocional e desde a necesidade dos afectos", que se fai a través dun audiovisual que recolle, en liña cos argumentos da Organización Mundial do Turismo, o chamamento á solidariedade e responsabilidade das persoas para que apracen á desexada viaxe ás Rías Baixas.

EN DIRECTO

Coronavirus en Galicia: última hora

Sigue las noticias sobre la incidencia de la pandemia del Covid-19 en la comunidad

A peza presenta diferentes recursos dunha provincia de Pontevedra que "te espera", e cun sector turístico que está a traballar para que "poidas volver o antes posible. Ímolo celebrar como nunca, porque estamos máis unidas e unidos que nunca pese á distancia".

Ademáis de esta campaña, a Deputación de Pontevedra propón iniciativas turísticas e culturais on line, para compartir e disfrutar da arte e da literatura e coñecer mellor a provincia durante o estado de alarma como un xogo un xogo de preguntas que se pode atopar na web da Deputación, co que se pretende que os veciños e viaxeiros poidan ampliar o seu coñecemento sobre ás Rías Baixas.

Para celebrar o Día Internacional do Libro por medio dun mapa virtual farase un percorrido literario a través de seis grandes obras da literatura universal.

Tamén o Museo de Pontevedra está dispoñible de maneira virtual para amenizar a situación de confinamento na que nos atopamos.