Nenas e nenos ingresados nos centros hospitalarios das sete cidades galegas (incluída Vigo) gozarán a partir de mañá luns das aventuras de 'A galiña turuleca', na versión en galego,filme apoiado pola CRTVG no 2018, dentro do coñecido como o cumprimento do 6%. Dirixido especialmente ao público infantil, o filme, unha coprodución internacional coa Arxentina, retoma o personaxe da famosa canción popularizada por Los Payasos de la Tele e acaba de chegar ás pantallas de cine de toda España.