E, facendo honra ao título da xornada, a presidenta da Deputación valeuse da compaña e do exemplo de cinco mulleres "con proxectos extraordinarios e moi potentes" que botan por terra os prexuizos de que a falta de paridade se debe á falta de profesionais femininas. "Imos gañando espazo con moito traballo, esforzo e tempo", recoñeceu. Estaban a presidenta de Empresarias Galicia, Susana Pérez; a maxistrada Paz Filgueira; a codirectora de Anónimas Wine, Cristina Yagüe; a representante da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Paula Froiz e a fundadora de Animosa, Mónica Conde.
Axudar a rachar cos estereotipos de xénero foi obxecto do relato das poñentes, salpicado de vivencias propias, coñecementos e lecturas. Entre as primeiras en tomar a palabra, Susana Pérez, resumiu a súa intensa traxectoria profesional -emprendeu dúas firmas, unha delas unha consultoría financieira, en so cinco anos- e reparou en como a inspirou a forza e o exemplo de outras mulleres do sector. "Quixemos crear un foro que non excluira aos homes, pero coa idea de dar visibilidade ás mulleres; percorremos un pequeno camino, queda moito por andar, pero farémolo", animaba.
Precisamente a Mónica Conde (alma máter e cofundadora de Animosa) repasou os tópicos que máis influiron na súa educación máis temperá (estar calada, agradar aos demais, a aceptación da culpabilidade) para combatelos anos máis tarde. "A min o feminismo fíxome máis consciente, máis feliz", recoñeceu Conde, que se inspira para a súa firma en mulleres que racharon moldes e abriron camiños. Precisamente, a chegada da súa sobriña pequena foi un catalizador desa necesidade social que acabou converténdose tamén nunha firma comercial: "Habelas (mulleres), hailas, e cadía día somos máis; hai unha rede de sororidade tecéndose para acabar coa situación de desigualdade", engadiu Mónica Conde en relación con proveedoras e financieiras coas que traballa. "Todo es imposible mientras lo parece", concluiu a emprendedora parafraseando a Concepción Arenal.
O caso moi peculiar da enóloga Cristina Yagüe, que se abriu camiño en Anónimas Wine: "Quisimos visibilizar o papel de tantas mulleres anónimas da historia nun eido tan preminentemente masculinizado como o o viño". Falou das 'etiquetas' que se arrastran (por sacar un viño rosado, por exemplo) e tamén das pedras que lles poñen no camiño (non alugarlles parcelas si dispoñibles para outros bodegueiros). "Ademais de facer viños na zona do Salnés, comezamos cun viño aquí, elaborado nunha ánfora e na Ribeira Sacra", indicou como mostra do avance da idea..
A voceira da Asociación de Enxeñeiros Industriais -o nome en masculino da idea da baixa presenza de mulleres, so un 20%, no colectivo- debullou de forma áxil e amena como mudou a situación. Actualmente, contarán con tres delegadas en sete delegacións, (entre elas Vigo e A Coruña) que foron votadas por unha maioría masculina. "Precisamos máis mulleres enxeñeiras", afondou, tras repasar os hándicaps de traballar en sectores moi masculinos a nivel internacional, como directora de obra ou nunha fábrica.