Máis de 150 artistas farán resonar "Carmina Burana" en galego
O convite, de balde, será na Cidade da Cultura mañá como inicio do ciclo "Viraxes"
Carmina Burana sonará en galego. Será mañá, a partir das 18.00 horas, e de balde na Cidade da Cultura, en Compostela, no arranque do ciclo Viraxes, unha serie de tres concertos nos que as bandas de música populares fusionan o seu repertorio con outros xéneros e formatos como a música clásica, o circo ou o teatro.
Con esta oferta, a Xunta de Galicia busca apoiar a experimentación no eido musical. Na primera entrega de Viraxes, subirán ó escenario máis de 150 artistas . No concerto, intervirán a Banda de Música Municipal de Valga, os solistas Esperanza Mara (soprano), Enrique Alberto Martínez (tenor) e Eliseu Mera (barítono) e o coro Gli Appassionati, baixo a dirección de Manuel Villar Touceda.
Trátase da primeira tradución dos textos medievais íntegros ao galego -realizada Raúl Gómez Pato- coa música orixinal e feita e pensada para o público do século XXI, segundo informa a Xunta nunha nota.
Na mesma, engade que "a proposta ofrece así un plan musical e familiar para o último sábado do verán, que cativará a todo tipo de públicos coa súa forza, espléndida percusión e riqueza rítmica".
O concerto terá lugar ás 18,00 horas e será de entrada libre e de balde ata completar a capacidade do anfiteatro do Xardín do Teatro da Cidade da Cultura. En caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan favorables, o espectáculo trasladarase ao andar -1 do Museo Centro Gaiás.
O ciclo Viraxes propón tres espectáculos que resultaron galardoados na convocatoria dos premios Innova, promovida en 2019 pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para fomentar a experimentación e innovación no eido musical.
A segunda e terceira entregas serán en decembro con outros dous espectáculos no Museo Centro Gaiás. Por unha banda, a Unión de Guláns -unha das bandas máis antigas de Galicia cunha traxectoria que se remonta ao século XIX- interpretará o 7 de decembro o espectáculo MIB: Músicos in Black, xunto ao grupo de teatro Todos Xuntos.
O terceiro ofertarase o sábado 14 de decembro o circo protagonizará o último dos espectáculos con Orquestra de malabares, da Unión Musical de Meaño e a compañía galega de novo circo Pistacatro.
Este último presenta un proxecto teatral nado da colaboración entre ambas formacións artísticas e coa implicación de toda a veciñanza desta pequena aldea de Ponteareas.
MIB tráenos un relato sobre a importancia da música na vida cotiá, contándonos en clave de humor os hilarantes sucesos que acontecen tras unha aterraxe alieníxena nunha aldea galega.
Temas
Más en Sociedad
-
El TSJC respalda que la bulimia sea un motivo para otorgar la incapacidad laboral
-
Más cerca de Hollywood: el Gobierno suprime el límite del incentivo al cine en Canarias
-
Condenan a una aseguradora a pagar una indemnización de casi 13 millones por "negligencia médica" en un parto en Galicia
-
Doctor Lobo, el médico que enseña por toda España una técnica de cirugía ginecológica sin cicatrices: "Son resultados espectaculares"