Mercedes Peón co seu proxecto Déixaas foi a encargada de abrir a segunda xornada do Festival Sinsal SON Estrella Galicia que tivo lugar onte na illa de San Simón. Unha tarde con 5 concertos e actividades como as sesións con Aleksander Kolkowski e a charla co xornalista musical Juan de Pablos. Despois da artista galega, pasaron polos escenarios de San Simón ocatalán El Petit de Cal Eril, o novo proxecto do produtor Raül Refree (que lanzou ao estrelato a Rosalía) coa fadista Lina, os composteláns Blanco Palamera, e desde Ghana, Kyekyeku & Ghanalogue Highlife. El Petit de Cal Eril, proxecto tras o que atopamos a Joan Pons, despregou un estilo entre a canción popular e o folk-rock acústico con toques de psicodelia.