A TVG dedica esta semana o biopic televisivo "A noite de..." ao actor Miguel de Lira. Aínda que moita xente pensa que se apelida así, os espectadores descubrirán en Miguel Domingo García Martínez un auténtico embaixador do lugar onde naceu, ata o punto de utilizalo como nome artístico. O programa fará un repaso da súa traxectoria na TVG, marcada, sobre todo, pola súa participación na serie "Mareas vivas", emitida por primeira vez hai xa 20 anos e que supuxo un antes e un despois para o audiovisual galego.