Leilía celebra os seus 30 anos coa xira "CantarELAS", o seu novo espectáculo
O grupo inicia o tour hoxe en As Neves para seguir mañá na localidade de Portas - En xullo, non faltará ó Festival de Ortigueira nin ó de Guísamo

Leilía, nas rúas de Compostela. // Faro
Vigo
Leilía colle as maletas de novo para unha nova xira e un novo proxecto. Desta vez, o obxectivo é excelso: os 30 anos de vida do grupo. Como título do espectáculo, CatarELAS. Hoxe, comeza a xira en As Neves, a partir das 21.30 horas; para continuar mañá en Portas, na Fábrica Azucreira.
A xira proseguirá por Lugo, a Coruña, Muros, o Festival Intenacional do Mundo Celta de Ortigueira, o 14 de xullo; Verín (10 de agosto) e Bergondo, o 24 de agosto, no Festival Folk Guísamo. Estas son as primeiras datas pechadas á espera de que se vai sumando máis polo resto da xeografía galega.
O sexteto explica nun vídeo promocional que Cantarelas é o resumo dos 30 anos de Leilía: "É un traballo que nos está facendo viaxar ó pasado porque son melodías que hai moito tempo que cantamos e das que nos sentimos tremendamente orgullosas". Non obstante, tamén hai melodías dos últimos traballos.
Para esta ocasión, Leilía quixo coidar non só o repertorio como acostuma facer, senón tamén a posta en escena e para iso o espectáculo conta coa dirección escénica de Quico Cadaval. O fin é ofrecer "un agarimoso percorrido pola historia deste grupo de mulleres que leva traballando profesionalmente dende o ano 1989", sinalan nunha nota.
A posta de longo do grupo foi a mediados dos anos noventa coa edición do disco homónimo, no que defendían a preservación das pezas tradicionais que esmorecían.
Pouco a pouco, nos discos que se sucederon, foron incorporando temas de seu así como colaboracións con outros músicos e grupos.
Dende a banda, aclaran que este show "é o inicio da celebración do aniversario de Leilía. Empezamos por CantarELAS e remataremos sacando un novo traballo no que haberá novidades musicais, algunhas poderán verse en Cantarelas".
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- El eclipse desde los cielos gallegos: un avión privado desde Suiza a Peinador, dos A400M militares franceses y decenas de avionetas en el interior
- «A Xeitosa» cumple un siglo: cinco generaciones unidas en Vigo alrededor de la casa de Gómez Román
- Muere el músico y diseñador gallego Víctor Coyote a los 68 años de edad en un accidente de bicicleta
- ¿Qué hay detrás de los vertidos fecales que afectan a la ría de Vigo?
- Dispositivo de la Guardia Civil para intentar localizar a Jaime, un vecino de O Hío desaparecido
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- Los camiones del Combo Dominicano se atascaron en Trives pero la orquesta tiró de entrega y talento para mantener la gira: «Nos hicisteis disfrutar igual que siempre»