Xosé Ramón Pena asegurou onte que "a Guerra Civil do 36 tronzou unha realidade social e económica" en Galicia e España que estaba a achegar ó país un proceso de industrialización, modernización económica e gañancia no eido das liberdades individuais e colectivas. Nese contexto, a cultura galega estaba a camiñar cara a "estabilización", resaltou o escritor.

Respecto da elección do título da súa obra, "Historia da Literatura Galega V. De 1936 a 1975. A 'longa noite'", que a última frase foi escollida do título do poema "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro que, á súa vez, daría o nome ó poemario enteiro.

Aclarou que naquel poema, a 'longa noite de pedra' non facía referenza ó franquismo senón "a un acontecemento que lle marcou a vida", a súa detención e encadeamento no 1937 en Celanova (Ourense).

Non obstante, "longa noite de pedra" convertiuse nunha "magnífica metáfora" para definir o estado que se vivía co franquismo.

Durante a presentación onte onte no CLUB FARO da historia da literatura realizada por Pena, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín aproveitou para califica-lo libro de "magna obra" por ser unha "historia da literatura de autor", feita por un só autor e atendendo ó seu criterio e non ó de varios. "Os datos literarios aparecen fundidos cos políticos e históricos" o que ofrece "un resltado óptimo", defendeu Ferrín.

Pola súa parte, Pena respondeu á loanza sinalando que Ferrín "é un dos máis grandes senón o máis grande das Letras Galegas do presente".