"Ribeiras de salitre", o programa da TVG sobre a vida na cultura mariñeira, aborda hoxe Cabo de Cruz, o mar calma de Arousa. Conta cunha confraría de máis de 300 asociados, que traballan o marisqueo a flote, o mergullo e a nasa, sendo, ademais, un dos portos de maior produción de mexillóns. Na súa lonxa póxase a ameixa, o berberecho, o reloxo e o carneiro.

Con Ana Rey, bióloga da Confraría, o director e guionista X. H. Rivadulla Corcón visitam a lonxa de Cabo de Cruz. Explica as especies que aquí se vende, ameixa, berberecho, reloxo e carneiro.

Rivadulla Corcón fala tamén co mariñeiro José Antonio Triñanes, a bateeira Isabel Sieira, a mariscadora a flote Raquel Souto e o carpinteiro de ribeira Benigno Sánchez.