"Pescadores de historias", a serie documental de TVG producida por Producións Celtas e dirixida e presentada por X.H. Rivadulla Corcón, amosa hoxe (15.30) o traballo dos prácticos do porto de Ferrol, coa axuda de José Manuel Paz, que é o práctico maior deste porto.

Con el traballa o patrón do remolcador "Mariano Barcón", que explica o traballo que realizan os remolcadores nas operacións de entrada en porto dos grandes buques.

Outra figura importante nas labores de atraque dun buque son os amarradores, que se encargan de atar as estachas as bitas dos peiraos para que o barco quede asegurado ao propio peirao. O xerente da empresa de amarradores do porto de Ferrol é Jesús Pinto, que ademais traballa como patrón da lancha que leva ao práctico aos buques que agardan para entrar en porto.

Rivadulla Corcón fala tamén codirector do porto de Ferrol, Alejandro Rey.