Onde collen dous, programa da TVG que percorre Galicia para compartir o día a día de familias galegas, amosando a súa historia, os seus valores e os seus segredos, comeza o percorrido desta noite en Arteixo, máis concretamente na parroquia de Armentón, onde viven os Shalabi López, unha familia moderna que decidiu que o rural era o mellor lugar para traer ao mundo a Nasser, de 13 anos, a extrovertida Laila, de 6, e o pequeno Xián, de 21 meses. Luis e Halimah son os anfitrións deste fogar que ten a cociña por vocación e que, desde hai uns meses, fai un menú semanal que divide con outra familia para aforrar na compra.

Por outra banda, o programa "Que casas!" volve esta noite cun abano de propostas de vivendas adaptadas a todos os gustos. Para os máis urbanitas, nesta edición amosarase un dúplex recentemente reformado nun céntrico barrio da Coruña.