Vertixe Sonora homenaxea a Enrique X. Macías no seu 60 aniversario
Interpretarán o seu "Itinerario de luz" no CGAC

A formación musical galega Vertixe Sonora. // V.S.
Redacción | Vigo
"Itinerario de luz" foi a derradeira obra de Enrique X. Macías (Vigo, 1958 - ibídem, 1995), que faría 60 anos en 2018 e que na súa prematura marcha xa era considerado un dos compositores máis prometedores non só na península senón en Europa. As Xornadas de Música Contemporánea, organizadas por Compostela Cultura, Universidade de Santiago e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC(, réndenlle tributo en 2018 e, dentro do seu programa, a formación Vertixe Sonora Ensemble terá a honra de interpretalo o vindeiro luns 25 de xuño. Será no CGAC ás 20.30; antes, ás 19.00 o actor e poeta Manolo Romón, o compositor e director Pedro Amaral e Javier Macías, irmán de Enrique, comparten a mesa "Macías e Portugal: unha ollada próxima", moderados polo crítico Paco Yáñez.
Para o editor Manuel Bragado, Macías, falecido aos 37 anos, foi o xenio da súa xeración. Sobre el escribiu hai anos: "Enrique posuía a presenza sedutora do artista refinado e apaixonado. Gostaba da conversa repousada e vagarosa na súa casa de García Barbón, acompañado de María, rodeado de cadros, milleiros de fitas, discos, libros, e das caixas coas partichelas das súas obras. Cando regresaba das súas estadías en París, Ámsterdam ou Torino, onde era recoñecido como un dos máis prometedores compositores europeos, chamaba aos amigos para saber das novas dun país que amaba e que, en moi contadas ocasións recoñeceu e apoiou o seu traballo".
O compositor vigués, contemporáneo do colectivo poético Rompente e do artístico Atlántica, abriu a música galega a outras sonoridades e deixou un legado de máis de trinta composicións entre 1980 e 1995.
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- El camping más bonito de España está en Pontevedra: totalmente equipado y con vistas a la ría de Vigo
- Operativo exprés para salvar a una bañista
- Tiene paro cero y sueldo de 70.000 euros: esta es la carrera universitaria más ignorada en España
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»
- Un crimen y un precinto policial que se eternizó en Vigo: «La casa parece una selva»
- Ni Tui ni Baiona: este es el pueblo más bonito de la provincia de Pontevedra según la revista Viajar