A actual vicepresidenta do Cosello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, postúlase como candidata a presidir a institución e suceder así a Ramón Villares Paz, que ocupa o cargo desde 2006. A tamén directora do Instituto da Lingua Galega e académica na Real Academia Galega, Rosario Álvarez (Pontevedra,1952), podería reforzar a súa lista coa crítica literaria e profesora titular de Literatura Galega na Universidade de Santiago, Dolores Vilavedra, actualmente vogal na institución. Sería, por tanto, unha liña de traballo continuista co camiño percorrido nos últimos anos.

Onte pechouse o prazo para persentar as candidaturas ao CCG, sen que trascederan máis propostas que a que soa desde hai tempo no seo do plenario e que lideraría Rosario Álvarez. Segundo fontes próximas á institución, sería o propio presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, quen promovería o seu relevo. Villares é catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987 e ocupou dous mandatos ao frente do CCG, sendo reelixido por maioría e cun único voto en branco.

Non trascendeu aínda se concorren máis candidaturas á presidencia do CCG. O asunto será debatido no próximo pleno do Consello, que se celebrará o 31 de maio, para logo ser remitido ao Parlamento de Galicia. So entón poderá ser efectivo o relevo á fronte da institución.