• Cal é a túa palabra galega do 2017?

Sapoconcho, afouteza, eucaliptización, independencia, teimudo, vaga de lumes, velutina e violencia de xénero son os oitos termos que optan a Palabra do Ano, ó resultar finalistas no certamePalabra do Ano que un ano mais puxeron en marcha desde a Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras. A iniciativa recibiu, entre o 4 e o 17 de decembro, un total de 6.700 achegas de usuarios que propuxeron preto de 900 palabras diferentes das que finalmente só oito pasan á última fase do concurso, según explicaron onte desde a organización.

A televisión, a publicidade ou a actualidade está detrás de que estas palabras figuren entre as mais votadas do ano que ademáis teñen, segundo a organización, valor puramente lingüístico. O termo sapoconcho saltou a actualidade fai unhas semanas gracias a un concursante galego de Operación Triunfo. O presentador do programa díxolle que indicase unha palabra importante en galego e elixiu esta. Desde entón figura entre as palabras mais buscadas cada semana no diccionario online da RAG.

O mesmo ocurriu fai uns meses con afouteza, un termo que cobrou protagonismo ó ser usado polo Celta durante unha campaña de publicidade para celebrar que o equipo de futbol xogaría unha competición europea.

A publicidade tamén ten moito que ver na elección de teimudo, unha palabra que Gadisa resalta na súa última versión de Vivamos como galegos e que tamén figura entre os termos mais buscados do mes no diccionario online da Academia. O resto dos termos que optan a Palabra do Ano están relacionados coa actualidade. Os incendios que sufriu a comunidade a finais do mes de outubro e as súas posibles causas fixeron que eucaliptización e vaga de lumes estén entre as mais votadas.

A amplia presenza das vespas asiáticas eleva a velutina os termos finalistas, entre os que tamén se encontran independencia -termo moi utilizado este ano polo sucedido en Cataluña- e violencia de xénero.

Cal é a túa palabra do ano? ¡Vota!

Os interesados poden votar pola súa palabra favorita no Portal das Palabras ata as doce da noite do vindeiro 25 de decembro. Cada usuario so poderá votar unha vez ó día desde o mesmo equipo informático. A gañadora darase a coñecer o 27 de decembro. Nas edicións anteriores as palabras elixidas foron corrupción (2014), refuxiado (2015) e irmandade (2016).