A estación violenta é un dos últimos filmes galegos que máis expectación está a xerar no público. Hoxe, no festival Cineuropa de Santiago, poderá verse unha previa. Será ás 20.30 horas e tódalas entradas para visiona-la película levan esgotadas dende o xoves.

O filme, dirixido pola pontevedresa Anxos Fazáns baseándose na obra homónima de Manuel Jabois., é interpretado por Nerea Barros, Alberto Rolán, Xosé Barato, Laura LaMontagne, Xiana Arias e Morris. Algunhas das súas escenas foron gravadas en San Simón recreando o festival Sinsal Estrella Galicia. Cineuropa hoxe tamén amosa varios filmes que abordan a violencia de xénero, como Ember, do turco Zeki Demirjubuz.