06 de agosto de 2017
06.08.2017

"Pescadores de historias" viaxa hoxe ata as antigas fábricas de Bueu e Cangas

"Vaia Troula" mostra as festas en Porto do Son, Catoira, Baiona e a Carballeira de Zas

06.08.2017 | 02:33
X. H. Rivadulla con Carmiña de Saa, traballadora de Massó. // TVG

O programa da TVG "Pescadores de historias" viaxa hoxe ata Bueu e Cangas para narrar a historia destes portos. Todo comezou en 1816 cando o catalán Salvador Massó instalou unha fábrica de salgadura en Bueu. As fábricas das que falará hoxe o espazo da TVG iniciaron a súa actividade nesta vila en 1926 e en Cangas en 1941, chegando a ter, no momento de maior emprego, máis de 2.000 traballadores entre as dúas factorías, o que dá idea da súa importancia social para o Morrazo. Na década dos 90 foi cando pecharon definitivamente. Hoxe a memoria de Massó gárdase no museo que dirixe en Bueu Covadonga López. É un dos museos máis importantes da cultura mariñeira de Galicia e a directora explicará o que supuxo para o Morrazo desde o punto de vista social. X.H. Rivadulla Corcón tamén conversará cunha empregada dunha destas fábricas, Fita Malvido, que entrou a traballar con só 14 anos.

Por outra banda, as reporteiras de "Vaia Troula"gozarán das mellores festas en Porto do Son, Catoira, Baiona, Cabeiras e a Carballeira de Zas

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine