03 de agosto de 2017
03.08.2017
ÚLTIMA HORA
El Gobierno propone a Rosa María Mateo como administradora única de RTVE

Marcos Calveiro: "Nos 90, en Ons sentíaste fóra do mundo"

"Os que veraneabamos na illa éramos coma unha gran familia, había quen pasaba os tres meses do verán"

03.08.2017 | 01:46
Marcos Calveiro coa súa parella, Menchu. // FdV

Marcos Calveiro, natural de Vilagarcía de Arousa, é un dos principais referentes da literatura xuvenil feita en Galicia; e recorda con especial agarimo os veráns do 87 ao 91, cando acampaba na illa de Ons coa súa actual parella, Menchu Cabaleiro.

Isto foi moito antes de que fora declarada, xunto coas demais Illas Atánticas de Galicia, parque Nacional, o 2 de xullo de 2002. Ata esa data non se prohibiu a acampada libre, fóra do cámping, que eles practicaron na zona da praia nudista de Melide, a máis longa da illa pero difícil de acceder. "A tranquilidade, a sensación de estar fóra do mundo. Botabas a camiñar por ese rompepernas e alonxábaste. de todo", recorda Calveiro.Xa coñecían a xente, pois tamén repetían todos os veráns. "Eramos coma unha familia, había quen se pasaba alí os 3 meses do verán. Un ano morreu unha persoa no Buraco do Inferno e tentamos localizalos, o que non era tan sinxelo nese tempo sen teléfonos móbiles".O Buraco é unha sima de máis de 50 metros sobre a que pesan lendas de almas entre este mundo e o outro.

Ons é unha illa que se presta a elas, con estudos que certifican que fai 12.000 anos xa estaba habitada. Foi utilizada na Baixa Idade Media como lugar de retiro e meditación dos monxes, e asediada polos vikingos primeiro e os piratas despois, que levaron á fuxida de seus poboadores ata que non se construiron fortificacións. Seus derredores viviron grandes naufraxios:do 'Cíclope', remolcador da Armada Española; ou do submarino 'General Mola', en 1959. Sen contar a'Cova dos Mouros' ,e máis as historias que a rodean, a desaparición da ermita de San Joaquín....

Calveiro e mais a súa parella utilizaban unha tenda canadense con paus de ferro, moi pesada de carrexar. Calveiro destaca a sensación de liberdade, druante case un mes; bañábanse na praia, paseaban."Se saías da zona do porto e a vila, non había ninguén. Agás o fin de semana, tiñamos unha praia enteira para unha ducia de persoas. Agora hai barcos dende Sanxenxo, Vigo, tódolos lados... Antes estaba moito menos publicitado, pasa coma na praia das Catedrais (Ribadeo). Agora hai Internet, redes sociais... A xente mira a foto dun lugar fermoso e quere visitalo", reflexiona o escritor.

"O verán era a mellor época do ano. Algo un pouco salvaxe, case 'hippie', nun lugar illado. Entón eu non estaba todavía preocupado por escribir, senón polo mesmo ca calqueira rapaz da miña idade: a festa, o Sol...", recoñece o autor.

"Comiamos latas case todos os días. Ás veces baixábamos ao par de restaurantes do porto, pero non era frecuente. Na illa había súper e de feito levabamos un cámping gas para cociñar, pero o presuposto era axustado. E hai que ter en conta o sobrecuste derivado do transporte dos produtos á illa", lembra Calveiro.

O dono do restaurante máis antigo, Casa Checho, que incluso exercera de alcalde da illa e recibira ao actual rei cando o 'Prestige', finou este mesmo ano. Nacera na illa e convertírase no seu emblema.

"A tranquilidade, ver a noite estrelada dende o teu saco de durmir, disfrutar a mar de ardora, esa fosforescencia que traen as mareas no verán. A soidade.Os barcos eran precarios e pequeniños, nada que ver cos de agora, e creo que só saían dende Bueu e pola mañá", lembra. E tamén "a vila, na zona do peirao; os impresionantes cantís na cara exterior de mar aberto".

Hoxe as illas son mundialmente coñecidas, e dende que prohibiuse a acampada libre e masificáronse as visitas non volveron moito.

As Ons viviron moitos intentos de desenrolo. A mediados do século XIX abriuse unha fábrica de salazón, pero non saíu adiante. E entre 1919 e 1921 o médico vigués Manuel Riobó converteuse no seu dono ao pagar 250.000 pesetas, e creou unha sociedade mercantil adicada ao pulpo e o congrio. Pero seu fillo, republicano declarado, suicidouse en 1936 ao temer a chegada dos franquistas, sen deixar testamento. O exército tiña pensado prestar a illa aos nazis como base de submarinos. En 1984 a propiedade das Ons pasa á Xunta e nos 90 comeza unha batalla xudicial dos veciños pola propiedade das casas e dos descendentes de Riobó pola da illa, concepto grazas ao cal recibiron o pasado ano 605.601 euros, a metade do reclamado.

Na súa mellor época, Ons foi unha vila pesqueira onde os nenos deixaban pronto a escola para ir faenar, cos adultos, ata que conseguían a súa propia dorna. En 1955 logrou seu pico de habitantes (530) e en 1965 construíuse un Centro Cívico con Igrexa, escola e vivendas para un mestre e un médico. E segue como importante valor da nosa cultura: a travesía a nado dende Ons ata Sanxenxo de 13 km celebrada en 2015, o cachalote de dez metros avistado fai algo máis dun mes entre Ons e Cíes, seus lagartos arnais de singular tamaño debido ao illamento... Trataron de Ons libros técnicos coma 'A bordo das Ons' de Marta Lemos ou best-seller coma 'Os fillos do mar' de Pedro Feijoo, a partir do cal organizáronse visitas literarias pola illa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine