20 de mayo de 2017
20.05.2017

A portuguesa Hélia Correia, Escritora Galega Universal, resalta o seu nexo con Galicia

De visita en Santiago para recibir outro galardón loa a beleza das Cantigas de Amigo e a súa amizade cos escritores galegos

20.05.2017 | 02:24
Hélia Correia atópase estes días en Compostela. // FdV

A autora portuguesa Hélia Correia, premiada como 'Escritora Galega Universal' este ano por parte da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), destacou o vínculo "ancestral" e "primordial" que comparte cos seus "irmáns" galegos a través da Galicia celta.

Nun encontro coa prensa celebrado onte en Santiago de Compostela, Correia considerou que non existe "unha fórmula" que describa o agradecemento por ser considerada "escritora galega" polos seus "irmáns" de Galicia, a quen considera parte da súa familia.

Unha relación "cimentada e interiorizada" que se retrotrae, segundo destaca, á "mesma fonte" e aos "mesmos devanceiros" que comparten a cultura portuguesa e a galega, onde está a "presenza da Galicia celta".

"A miña cultura, a miña Galicia, é esencialmente celta", reiterou, sinalando que lembra a "encantadora" impresión que lle deron as Cantigas de Amigo, "non só un prodixio da beleza máis simple e matricial", senón "un prodixio literario" con capacidade de autonomía e "estilo propia" fronte ao "dominante", o trovadoresco francés.

"O universo celta é o meu universo primordial e por tanto as pontes de encontro-con Galicia- son moitas", insistiu. A pesar diso, recoñece que non ten "ambición social ou de prestixio" pola obtención de galardóns como o Prémio Camões, que recibiu en 2015, do mesmo xeito que na súa vida só entra xente "pola porta da amizade".

"A miña ambición é chegar ao texto e amar o texto que creo. A partir de aí, -o resto- está fóra do meu mundo". Neste sentido, a escritora lusa valorou que o galardón da AELG fíxolle "feliz" por tratarse dun recoñecemento trasladado por "persoas" a quen considera os seus "amigos".

Un premio que dedicou, precisamente, a Fran Pérez 'Narf', un "querido amigo" con quen compartiu "poucos momentos", pero "moi especiais".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine