Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Homenaje a José Castro Veiga, máis coñecido coma "O Piloto"

A historia de "O Piloto" chega como documental ás pantallas

A estrea da película coincide co 50 aniversario do pasamento do derradeiro guerrilleiro antifranquista, que foi abatido en combate

José Castro Veiga, "O piloto". // FdV

José Castro Veiga, máis coñecido coma "O Piloto", foi lenda en vida e tamén en morte. Castro foi o derradeiro guerrilleiro antifranquista, que primeiro loitou na Guerra Civil desde as forzas de aviación e que despois foi unos baluartes dos maquis que actuaban na resistencia contra o novo réxime desde o territorio nacional. Nado en O Corgo (Lugo) en 1915, tralo remate da guerra "O Piloto" formou parte da guerrilla galaico-leonesa, da que foi o derradeiro combatente, sendo abatido pola Garda Civil en 1965, na beira do encoro de Belesar (Lugo). Agora, a historia do guerrilleiro cuxa contenda durou 26 anos máis ca da maioría chega ás pantallas en forma do documental "O Piloto" que se estreará en Lugo mañá e que está dirixido polo fotógrafo Xosé Reigosa e conta cun guión realizado polo xornalista e exdirector da revista A Nosa Terra Afonso Eiré.

"O Piloto era un mito en vida, no meu caso xa estaba presente cando era un cativo. A xente falaba del como unha lenda, dicíanlle ós gardas que pasaban polos pobos: 'Se estivera aquí O Piloto...'", explica Eiré, ao tempo que confesa que con este proxecto logrou dar forma a un anhelo que comezou a conformarse en 1978, cando escribiu os seus primeiros textos sobre a historia do guerrilleiro, ao ter acceso a Mirelle, a muller do guerrilleiro, que ata ese ano estivera vivindo na clandestinidade.

O cincuenta aniversario do pasamento de "O Piloto" (que se cumpre o vindeiro 10 de marzo) semella unha data cargada de simboloxía. Hai que ter en conta que Castro Veiga foi tamén o derradeiro guerrilleiro que morreu durante un enfrontamento armado. Foi abatido nunha teórica "zona neutral" situada nas inmediacións de Chantada, na que non se producían enfrontamentos entre as forzas do réxime e as da resistencia desde a finalización da guerra no ano 1939.

Rompendo mitos

O documental -e o libro que Eiré publicará próximamente coa mesma temática-, está baseado na vontade de achegar ás novas xeracións á figura de "O Piloto", pero tamén "ás circunstancias históricas e a moitos detalles que ata o de agora non se coñecían ou non eran correctos", explica Eiré. Sobre os alicerces dunha profunda investigación, a película racha moitos mitos non só sobre o protagonista, senón tamén a niveis máis xerais. "A figura de 'O Piloto' serve para romper coa crenza de que Galicia foi unha das primeiras en unirse ó franquismo e de que o fixo dunha forma sinxela ou colaboracionista. O certo é que a guerrilla organizouse na comunidade 2 anos antes que no resto de España e rematou case 15 despois", sinala o xornalista.

Ademais, o vínculo desta personaxe cos posteriores movementos sociais e políticos tamén é algo que quedou ó descoberto coa investigación levada a cabo. "Houbo unha conexión co novo nacionalismo, ca UPG e coas Comisións Labregas. Hai que ter en conta que só pasan 7 anos entre a morte de 'O Piloto' e o comezo destes movementos. Ademais, máis de 105 casas daquela zona de Chantada apoiaban á guerrilla", sinala Eiré.

O vindeiro día 3 de marzo o documental será estreado en Vigo, un lugar que tamén garda unha especial relación coa historia de "O Piloto", sobre todo a través de terceiras persoas implicadas na historia e tanén dunha peculiar casualidade. "En Vigo é onde hai máis xente que tivo relación co guerrilleiro, coma familiares da súa dona ou xente relacionada cos que o delataron. Ademais, o pai de Cayetano Rodríguez, actual concelleiro de Cultura da cidade, foi o xuíz que deu a orde de levantar o cadáver", explica o guinista.

A produción contou tamén ca colaboración da Asociación Cultural Dous Punto Oito e da Deputación de Lugo, así como de varios concellos e empresas da provincia.

Un libro sobre o guerrilleiro verá a luz en maio

  • O cincuenta aniversario do pasamento de "O Piloto" non só será conmemorado coa estrea do documental homónimo, senón que tamén existen outros proxectos para este ano sobre a figura do derradeiro guerrilleiro antifranquista e símbolo da resistencia que levaron a cabo os maquis galegos. O xornalista Afonso Eiré, que realizou o guión do documental, publicará en poucos meses un libro que presenta os resultados da longa e profunda investigación que levou a cabo sobre esta figura histórica. Según explica Eiré, o libro, que todavía non ten título, é unha obra "grande, de investigación, que se estrutura coma unha novela histórica, pero que non só se centra na personaxe de Castro Veiga, senón que tamén presenta moitos detalles esquecidos ou que no se sabían e que serven para desmentir algunhas ideas e crenzas que se tiñan ata o de agora".

Compartir el artículo

stats