Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

"Fixemos o filme que un día Eduardo desexou"

Carta do 19 de abril de 1978, cando Blanco Amor está en Madrid.

Carta do 19 de abril de 1978, cando Blanco Amor está en Madrid.

-Que cree que pensaría o autor da novela ao ver a obra?

-Un íntimo amigo seu que estivo na estrea, o poeta Luís González Tosar, abrazoume e díxome que Eduardo estaría orgulloso da película. A min foron as palabras que máis me encheron.

-Que aporta este traballo á anterior versión do mesmo libro, "Parranda" (1977), de Gonzalo Suárez, rodada en Asturias, con Sacristán, Fernán Gómez e Ferrandis?

-Penso que "A Esmorga" había que collela desde dentro. O idioma e a atmosfera son fundamentais. Para min Gonzalo Suárez, aínda podendo facer unha boa película, perdeu a esencia,;esa profundidade. Teño aquí unha carta que Eduardo Blanco Amor enviou a Carlos Laíño, cando xa estrearan "La parranda", que ten moito que ver con isto. Dille: "A película sigue ben. A min non me acaba de encher, mais algún día farémola na Galiza autónoma, con cartos nosos, autores feitos por nós e noso idioma, cuios dereitos me reservei". Estaba falando de nós.

-Filmaron un gran incendio, unha violación, un homicidio e unha caída de 15 metros dun actor. Houbo traballo de especialistas, non si?

-Si. Non podiamos arriscarnos a perder a "Morris" (risas) Tivemos actores de efectos especiais, porque caen uns 15 metros a un pozo, no que o actor ten que aguantar tempo mergullado.

-"Pa negre", a película rodada en catalán, arrasou nos Goya no ano 2011. É un exemplo?

-A diferenza con nós é que nós estamos xa arrasando antes dos Goya.

Tracking Pixel Contents