Síguenos en redes sociales:

A Cidade da Cultura acolle o Congreso de Francisco Añón

Paralelamente, a Cidade da Cultura compostelana acolle o Congreso do Bicentenario do poeta precursor do Rexurdimento, Francisco Añón, que tamén organiza a RAG. Comezou onte e seguirá hoxe, coordinado por Xoán Mariño. A xornada inaugural acolleu a intervención de Ramón Villares e a proxección do documental "Añón na memoria". Tamén contou coas intervencións de Gonzalo Navaza e Xosé Luís Méndez Ferrín. Hoxe haberá un roteiro literario pola "Compostela do Poeta Añón" e intervencións -entre outros- de Manuel García Sendón, Xesús Alonso Montero e Víctor Freixanes.

Pulsa para ver más contenido para ti