Marilar Aleixandre, premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil: "É importante crear un mundo no que a xente nova poida refuxiarse"
A madrileña Marilar Aleixandre presentouse aos Premios Xerais coa novela "A cabeza da Medusa", unha obra ambientada en Vigo e na que narra o trasfondo dunha violación. "O medo e a vergoña son, en moitas ocasións, sensacións máis difíciles de superar que a propia violencia física", sinalaba. "Estas rapazas tenden a agocharse e teñen que recurrir ao amor para superalo. Esta é unha historia que eu vivín de preto e que estaba esperando para ser escrita", engade. Para Marilar Aleixandre "é importante crear un mundo no que a xente nova poida refuxiarse", de aí a súa preferencia pola literatura xuvenil. Conseguir o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil "é recoñecer o teu traballo e anima tanto aos gañadores como a outros autores a seguir escribindo", aseguraba.
Más en Sociedad
-
Hallan muerto a un pasajero en un AVE con destino Asturias
-
La Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura, Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional 2024
-
El desabastecimiento de medicamentos se cronifica: casi mil fármacos siguen con problemas de suministro
-
Un cráneo egipcio de 4.000 años muestra signos de un posible tratamiento contra el cáncer