Detrás da Conselleira de Cultura, haberá cinco sombras coidando por que tódalas cousas saian ben.

Catro homes e unha muller conforman a equipa escollida por Ánxela Bugallo para levar adiante uns obxectivos culturais que para Fina Casal, a xefa de gabinete e encargada de coordenar as distintas direccións, representa "ver cumpridos os soños que tivemos".

Nese gabinete haberá un home que confesa que "non hai nada" que lle "guste tanto coma o mundo do deporte", Santiago Domínguez.

De administrar os cartos (e lamentando que xa só quede o 3 por cento dos orzamentos) encargarase Carlos Amoedo. Felipe Arias velará por un patrimonio que "precisa de tantos recursos" que é "casi imposible dispór deles".

Advirte que non haberá "subvencionismo arreo". Luís Bará, pola súa parte, asegura que "rematou a censura e a discriminación" e, ademáis, que é "tempo de portas abertas" na cultura.