29 de mayo de 2005
29.05.2005

Luisa Villalta e os galegos de "Mar adentro", entre os Premios da Crítica

29.05.2005 | 02:00
Os premiados nas distintas modalidades, onte en Vigo. / pablo martínez

A Fundación celebrou onte en Vigo a entrega dos seus galardóns e nomeó Galego Egrexio a Xesús Alonso Montero.

A Fundación Premios da Crítica de Galicia celebrou onte no Centro Social Caixanova de Vigo a entrega dos seus galardóns, que este ano vive a súa vixésimo oitava edición. Na modalidade de Ciencias e Artes da Representación, o galardón foi para os membros galegos dos equipos artístico e técnico participantes na producción de Alejandro Amenábar, "Mar adentro".
O xurado destacou a contribución dos profesionais galegos "á proxección de Galicia sen tópicos e estereotipos desde a dignidade". A acta do xurado sinala tamén que, "máis alá do acabado final dunha película, recoñecida internacionalmente, gran parte dos equipos humanos que permitiron a súa realización son galegos, o que fala da emerxencia dunha industria propia para situar a cultura e a lingua galegas no mundo contemporáneo".
Na modalidade de Creación Literaria, o galardoado foi o libro "En concreto", da escritora Luisa Villalta, un poemario que combina tradición e modernidade.
Por outra banda, o Museo da Limia recibiu o galardón en Iniciativas Culturales e Xosé Chao Rego na modalidade de Ensaio e Pensamento, pola obra "O demo meridiano. As actividades e programación de "2004, ano da música en Pontevedra" gañou o premio de Música, mentres que o de Investigación foi para Antón Costa Rico, por "Historia da Educación e da Cultura en Galicia (siglos IV-XX). Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo".
A Fundación nomeó Galego Egrexio a Xesús Alonso Montero, "pola súa brillante labor docente", "o seu compromiso político" e "as edicións de autores da nosa literatura", entre outros aspectos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook