O poeta Xosé María Díaz Castro é un profesional polifacético xa que non só de adicou a escritura. Tras saír do seminario en 1936 traballou unha tempada coma profesor de ensinancia media en Vilagarcía de Arousa. Despois estudiaría Filosofía e Letras e en 1948 trasladaríase a Madrid, onde compaxinaría a docencia coa tradución no Ministerio de Gobernación. Ademais traballou no Instituto de Cultura HIspánica e no Consejo Superior Científico, entre outras entidades.

O académico Ramón Villares destacou onte, despois da votación na que Díaz Castro saíu elexido coma o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2014, o papel deste poeta como tradutor. "Realizou un gran labor como tradutor de poesía", indicou Villares, quen tamén recordou que, pese a que Díaz Castro pasou gran parte da súa vida en Madrid, "foi moi sensible co tema de exportar a cultura galega".

Pola súa parte, a Xunta destacou a súa labor como docente e o seu traballo a favor da lingua propia, "tarea que desenvolveu parella á da defensa do desenvolvemento da comunidade".