Referentes da música, as artes escénicas, cociña, deporte e xornalismo presumirán de lingua nos encontros En3vistas. ?Serán 5 conversas en distintos espazos da cidade entre persoas de recoñecido prestixio nos seus ámbitos profesionais e que actúan como "referentes lingüísticos dunha xeración" ,sinala o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña.

Éste presentou onte os encontros, que se desenvolverán ao longo deste mes de xullo e nos que participarán participarán María Mera (a primeira en participar, o vindeiro día 10 ás 18 horas na Peregrina), Genna Baamonde, Javier Olleros, Kin Martínez, Sabela Ramil, Patricia Hermida, Adrián Ben, Diego Espiño, Cora Velasco e Marcelo DoBode.