Mellorar en calidade pero tamén en cantidade o emprego da lingua por parte dos máis novos, ofertarlles espazo nos que a lingua sexa un vehículo, e amosar que a nosa lingua é cultura "pero también arte, deseño e modernidade", explica a orgnaización do certame "Ben veñas, maio".

Este programa no que colaboran o Concello e o equipos de Normalización Lingüística dos centros públicos de Pontevedra superou xa as súas bodas de prata e nesta nova entrega fará unha aposta polas redes sociais para divulgar os seus contidos.

"Esta aposta forma polas redes sociais conta con dos públicos obxectivos, a mocidade participante e os adultos, como nais, pais e profesorado, que poidan motivar a que os rapaces participen", explicou o concelleiro de Normalización Lingüística Alberto Oubiña.

Éste presentou onte a nova edición do certame nun acto no que tamén participou o coordinador desta edición e responsable de Normalización no IES Sánchez Cantón, Xosé Luis Xaneiro.

A escrita (prosa e poesía), fotografía desde a ollada crítica, a música, a banda deseñada e a creación de curtametraxes. Neste 2020 suma novidades como o musical, ue se recupera este ano, un apartado no que colaborará o persoal do Local de Música.

O certame concluirá o 8 d emaio cunha gala no Teatro Principal que de novo visibilizará a "acollida excepcional" que ten "Ben veñas, maio", lembra Xosé Luis Xaneiro.

Éste destacou que o alumnado pontevedrés "saluda con expectación" estas citas creativas que convocan "moito talento, prácticament enon haiu modalidade artística que non se convoque", animando aos máis novos a me empregar a nosa lingua, tamén para a creatividade.

Neste sentido, Xosé Luis Xaneiro asegurou que "melloraron as actitudes. no tanto as conductas" dos escolares fronte ao galego. "Cambiaron os estereotipos pero non ainercia catelanizadora".

Neste sentido, o coordinador do equipo de Normalización Lingüística do IES Sánchez Cantón lamentou a "educación infantil castelanizadora" como "eiva fundamental" para conseguir un emprego xeralizado e regular da nosa lingua entre os máis novos.