- Estes plans de igualdade tamén teñen beneficios colectivos...

- As vantaxes de aplicalos é que melloran a productividade, reducen o absentismo laboral e melloran o clima laboral. E, sobre todo, e moi importante, se potencia o talento de mulleres e homes. Ter un plan de igualdade dá puntos tamén ás empresas á hora de optar a concursos públicos.

- A concienciación coxea máis nos homes ou nas mulleres?

- O problema é que se tira moito de estereotipos. Un moi frecuente é que cando moitas mulleres traballan xuntas vai haber problemas. Nunca se di que cando moitos homes traballan xuntos xeran problemas.

- Como propiciou o feminismo os avances no eido laboral?

- Estamos na cuarta onda do feminismo e hai máis sensibilización e a xente está máis predisposta. Entendemos que a Administración se amosa cada vez máis sensible e entende que os plans de igualdade se quedan coxos se non inclúen ás empresas de menos de 250 persoas. Este foi un cambio moi positivo.

- De que xeito mudará o futuro esta nova onda do feminismo?

- Son unha persoa optimista e quero pensar que as cousas van mellorar. O que hai que ter en conta é que as anteriores ondas provocaron avances pero moitos anos despois. Aínda falta sensibilización e máis debate social, sen complexos e dende a base.