Tres proxectos destacados e relevantes para a sociedade, vencellados á cultura galega, xa se disputan o Premio do Público Culturgal 2019. Dende onte, o público pode escoller nesta cordial competición as súas preferencias culturais entres tres candidaturas: Novos Cinemas ( Festival Internacional de Cinema de Pontevedra), o Club Clavicémbalo de Lugo e o Eidos Fest (Fundación Uxío Novoneyra no Courel).

O obxectivo desta iniciativa é visibilizar e valorar propostas que se relacionan directamente coa sociedade e que promoven a transversalidade e colaboración. O prazo para votar en liña pola iniciativa predilecta dos participantes remata o vindeiro 19 de novembro.