Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Daniel González Palau: "O noso informe internacional para 2019 titulouse 'En rumbo de colisión'"

O Instituto Galego de Análise Internacional, con sede en Pontevedra, cumpre 28 anos

// Gustavo Santos

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) cumpre 28 anos.Tras varios periodos de itinerancia, no 2015 fixou a sua sede en Pontevedra e dende o Centro Cívico Sur continúa hoxe, sinala o seu director, cos seus obxectivos fundacionais, "promover a participación de Galicia na sociedade internacional desde o ideario de Nacións Unidas e entender o mundo dende Galicia. Eu entendo que eses obxectivos fundacionais seguen vixentes". afirma Daniel González.

- O IGADI nace co estado autonómico...

-É certo que hai que entender o IGADI como un produto cultural ligado á autonomía porque se crea no 1991, dez anos despois da aprobación do Estatuto de Autonomía, 5 anos despois da entrada de Galicia na UE como parte do estado español e xusto despois da caída do muro de Berlín.

- Moito mudou o mundo nestas 3 décadas

-A verdade é que si, dende o fina da guerra fría e daquela narrativa do mellor dos mundos posibles e do fin da historia, efectivamente, digamos que aquela narrativa coma todas era moi fallida. A partir do 11 de setembro comezaron a visibilizarse fortes fendas na sociedade internacional, durante todo século XXI vese como a emerxencia de outras economías, especialmente a de China, está a modificar a sociedade internacional. É unha evolución gota a gota e o 2019, en plena guerra comercial de Donald Trump, visibiliza ata que punto, efectivamente, as mudanzas foron profundas.

- O instituto que encabeza é precisamente un especialista en China

-Si, sí, así é. Antes cando falabamos dos obxectivos do IGADI sinalaba comprender o mundo dende aquí, promover a participación internacional, e sí é certo que outra das liñas de acción, e así se observa nos documentos fundacionais, é observar a transformación, a transición cara as economías de mercado dos antigos países socialistas. Nese marco Xulio Ríos dende os anos noventa (porque tamén hai que entender o IGADI dende a óptica da emerxencia de internet) soubo crear unha rede de sinoloxía eurolatinoamericana. E nese proceso no 2005 creouse o Observatorio da Política China e, efectivamente, o IGADI é un dos referentes, sobre todo en lingua española, da comprensión de China no mundo. Esa escola que foi creando Xulio en Galicia é tamén certa canteira de sinólogos.

- Qué escenario internacional agarda o IGADI para os vindeiros anos?

-Hai que ser sempre prudentes á hora de facer prediccións e futuroloxía, todo este concepto de sociedade líquida é moi explicativo para o que sucede e o rápido que fluctúan as noticias. Pero sí é certo que nos informes de relacións internacionais que facemos todos os anos neste 2019 titulouse En rumbo de colisión.

- Tan preocupados están os analistas internacionais?

-O título do Igadi Annual Report de En rumbo de colisión quere decir que os medos para os próximos anos e que estas fendas na sociedade internacional acaben afondándose e dexenerando en conflictos máis violentos e con maiores consecuencias está cada día máis á orde do día. Entón agardemos que o sistema de Nacións Unidas, o multilateralismo, a resolución pacífica de conflictos, guíen todo este tipo de debates e de conflictos de intereses que hai dentro da sociedade internacional. Eso a nivel global, a nivel galego o IGADI seguirá a defender a idea de Galicia como unha nacionalidade histórica, con identidade propia para ser nós no mundo e que o proceso de crise territorial que ten agora o estado español non elimine a posibilidade da participación das nacionalidades históricas en asuntos internacionais.

- O estado español está igualmente nun momento convulso. Que opinión ten ao respecto?

-O que foi o pacto do 78, o réxime da Constitución de 1978 a verdade é que nos últimos anos co proceso en Cataluña está fondamente deteriorado. A miña opinión persoal é que as solucións virán de proceso negociados onde se respecte a identidade das distintas nacionalidades históricas que existen no estado e se lle den cauces democráticos a eses conflictos políticos.

- Non o estivemos facendo ben

-Non, a sensación é esa, levamos unha década encallados en solucións unilaterais por todas as partes e precisanse solucións multilaterais onde haxa unha xestión democrática dun conflito político.

- Visións simplistas apareceron nas redes nas últimas horas como trending topic. Como se ve dende fóra todo este escenario?

-É o que falabamos tamén da sociedade líquida. Moitas veces a densidade, a complexidade, dos conflictos son fácilmente resumidos nun twett pero moi difíciles de solucionar tamén nun twet. Así que moitas veces o que se observa é un diálogo de sordos, un diálogo so cos nosos e moitas veces, claro, este tipo de diálogos o que transmiten ao exterior son imaxes tamén falsas. Por exemplo non diría que o estado español é un estado fascista, como se quixo facer ver cun hashtag, pero as imaxes de violencia contra manifestacións pacíficas coa xente cos brazos en alto son fáciles para unha lectura superficial.

- Confía en que somos un estado suficientemente maduro para afrontar o reto con éxito?

-Penso que haberá que buscar solucións, non sei se existe a capacidade no que é a natureza do Estado de pensar, digamos, a súa refundación, maís confío ( sorrí), sí que creo que é posible unha solución dialogada e en clave democrática.

- Do escenario internacional ao local: satisfeitos no IGADI ao esar asentados en Pontevedra?

-A verdade é que sí, estamos contentos. Despois da experiencia fallida que tivemos na Illa de San Simón entre o ano 2012 e 2013 retornamos a Baiona e no 2015, en marzo creo que foi, entramos aquí e a verdade é que para o Igadi, que está moi conectado a Nacións Unidas dende a súa constitución, estar nunha cidade premiada polo seu modelo urbano, por como se anticipou ao que hoxe é a axenda 2030, é para nós un motivo de orgullo cada vez que temos por aquí un visitante.

Compartir el artículo

stats