A Vicerrectoría do Campus de Pontevedra, na Casa das Campás acolleu a presentación do libro do catedrático e expresidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Motero dedicado a Alfredo de la Iglesia. O volumen "Alfredo de la Iglesia.O intelectual, o educador e o autor do primeiro manual de Literatura Galega para escolares de Instituto". Editado pola Real Academia Galega, recolle o primeiro manual de historia da literatura galega para escolares de instituto durante o curso 1919-1920.

Xesús Alonso Montero mergullouse hai tres anos no inxente material do fondo da familia De la Iglesia que custodia o arquivo da Real Academia Galega. Fíxoo interesado inicialmente sobre todo pola vida do intelectual republicano e socialista Santiago de la Iglesia, un dos irmáns de don Alfredo. "E aconteceu que, mentres me entusiasmaba o universo literario deste intelectual e político, ía descubrindo facetas e textos do seu irmán Alfredo que nin sequera sospeitaba", conta o expresidente da RAG no prólogo "d'O intelectual, o educador e o autor do primeiro manual de Literatura Galega para escolares de Instituto" (1919).

O catedrático amosou a extensa relación de Alfredo de la Iglesia con grandes nomes da literatura e historia galega e a súa influencia como profesor no Instituto de Pontevedra y noutras institucións. Este caderno, que foi encontrado por Alonso, representa a primeira idea de poñer por escrito o resultado das leccións de literatura galega, feito que, según Alonso Montero, non se lle ocorrera a nadie. Ademáis do manual, encontrouse un carderno con material persoal vencellado ao manual.

Alonso Montero estivo acompañado polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o director de área de dinamización cultural, educativa e integración da Universidade de Vigo, Manuel Morquecho Barral; e Carlos López Font, deputado da Deputación de Pontevedra, institución con cuio apoio se publica o que é o cuarto volume da colección Letras da Academia.

Alfredo de la Iglesia exerceu como catedrático de lingua e literatura castelá no Instituto de Pontevedra entre 1918 e 1931, cando se xubilou aos setenta anos de idade. Aínda que o seu Resumen de Historia de la Literatura Gallega non chegou a imprimirse, significa un "capítulo realmente extraordinario" do galeguismo literario xa que o empregou nas súas aulas para desenvolver unha "experiencia totalmente inédita na historia do ensino galego", nuns tempos nos que a literatura galega estaba fóra da oficialidade do ensino, subliña Xesús Alonso Montero.

O manual de Alfredo de la Iglesia presentaba as letras galegas en castelán, pero a súa documentación conservada no arquivo da RAG dá conta tamén doutro episodio histórico do que foi protagonista en outubro de 1919: a primeira vez que un catedrático de ensino medio explicou un tema do programa oficial, de lingua castelá, en gallego. O testemuño que dá conta da forte diglosia daquela época aparece nunha nota en letra miúda escrita na páxina 25 do seu manual, nunha parte do capítulo dedicado á "Decadencia de la literatura gallega" que incide nas "causas" do esmorecemento do idioma nos séculos anteriores.