A asociación Queremos Galego Marín denuncia a última campaña de información levada a cabo polo Concello na que se lle informa á veciñanza sobre os datos do padrón municipal únicamente en castelán. Esta campaña consiste en enviar unha carta a todas as casas do concello informando dos datos que contén o padrón municipal para quen quixer actualice os seus datos no caso de ser necesario. Estas cartas están redactadas "única e exclusivamente en castelán marxinando unha vez máis a nosa lingua e incumprindo distintas leis que regulan o uso do galego no ámbito municipal", expón Queremos Galego, que engade que "esta non é a única mostra de desleixo ou desprezo á nosa lingua polo Concello".