Bajo los lemas "non é non, o demais é violación", "tranquila hermana, aquí está tu manada", "nos si, creésmoteste a ti" o "denuncia arquivada, muller violada", más de un centenar de personas se concentraron esta tarde en la plaza de España para mostrar su apoyo a la víctima de la "manada de Manresa". El acto, convocado por el Colectivo Feminista Pontevedra en suma a los diferentes actos que se celebran durante el día de hoy en otros lugares en apoyo a la presunta violación múltiple que tuvo lugar en 2016 en Manresa a una niña de 14 años.

Según Fiscalía, los seis acusados actuaron aprovechándose del estado de embriaguez de la víctima. Uno de ellos la llevó a una caseta y después el resto se turnó para violarla. Hay un séptimo implicado, un hombre que presumiblemente se masturbaba mientras presenciaba los hechos sin hacer nada para proteger a la víctima.

En la concentración se hizo lectura del manifiesto:

"O vintenove de Outubro de 2016, unha nena de catorce anos foi vítima dunha violación múltiple por seis homes, nunha nave abandonada, no camiño Torre d'en Vinyes de Manresa (Barcelona) mentres un sétimo observaba e masturbábase.

Seis homes seguindo á recomendación dun deles que, literalmente, dixo: "Te toca a ti, 15 minutos cada uno y no tardes" todo isto alumeándose coa lanterna dun móvil.

Quedádevos, 7 tipos, maiores de idade, un xa de trinta e nove, e unha nena de catorce. Buscade algunha, aquí mesmo, e imaxinade a escea.

O pasado martes, día 2 de Xullo, comezou o xuízo, negando os acusados a participación nos feitos. O fiscal, no seu escrito provisional, acusa aos seis imputados de abuso sexual, con penas entre catro e dez anos de prisión, e para o sétimo acusado, unha pena de multa.

Malia que a menor non tiña a idade suficiente para prestar consentimento sexual, e atopábase supostamente nun estado de embriaguez, o que mermaba a súa capacidade de resistencia e defensa, a acusación non é por delito de agresión sexual (violación), senón por abuso. E por que? Porque para a nosa xustiza seren menor de idade ou ter as facultades mermadas polo alcool fai que esa agresión sexa denominada así, abuso. Cómo vos quedades?

Dende o ano dous mil dezaseis, hai constatadas polo menos cento catro violacións grupais, catorce das cales, producíronse nos tres primeiros meses de dous mil dezanove e co agravante de que en moitos casos as vítimas eran menores de idade.

Algúns dos casos que máis transcenderon á opinión pública son os seguintes:

— Aninovo de dous mil dezanove en Alacante, unha moza de dezanove anos foi vítima de violación por catro homes que gravaron a agresión sexual en vídeo.

— No dous mil dezaoito, unha menor de doce anos en Azuqueca de Henares, provincia de Guadalajara, foi violada por seis varóns entre quince e vinte anos.

— Outra menor, con discapacidade intelectual, foi agredida sexualmente por tres homes en Mataró no ano dous mil dezaseis.

Estes datos alarmantes non acreditan a magnitude do problema real. Soamente son os casos que transcenderon á prensa, entre todas as violacións múltiples denunciadas. Doutra banda, moitas vítimas de violación non se atreven a denunciar por medo, vergoña ou coaccións. Ningún goberno nin partido político, ata a data, considerou a violencia sexual contra as mulleres un asunto de Estado.

Nós, como mulleres feministas esiximos:

— A modificación do código penal para que calquera acto sexual no que non medie consentimento explícito da muller sexa considerado violación.

— Que os delitos sexuais sexan considerados violencia machista, e que logo sexan tratados por xuízas ou xuíces formadas nesta materia.

— Medidas disciplinarias contra xuíces que dictan sentenzas misóxinas e patriarcais.

— Un sistema integral de atención ás vítimas de agresións sexuais .

— A nosa meta a alcanzar como sociedade non pode centrarse exclusivamente en evitar que estes delitos queden impunes, senón en que non se produzan. Por iso, esiximos unha coeducación afectivo-sexual dirixida a eliminar a cultura da violación, na que a muller é considerada un mero obxecto para o goce dos varóns.

— Erradicar igualmente a concepción patriarcal da sexualidade feminina, na que non se ten en conta a importancia do noso propio desexo.

As relacións sexuais teñen que ser consentidas e desexadas. En caso contrario, é violación.

Sen o noso consentimento, é violación.

Sen desexo por ámbalas dúas partes, é violación

A ausencia dun si, é non.

Por ti, por min, polas que veñen detrás, polas que xa foron, berramos ben forte, que nos escoiten en cada xulgado: NON É ABUSO, É VIOLACIÓN