Tras voltar a México, Xerardo Moscoso non puido exercer de médico ao non poder convalidar o seu título sacado na Universidade de Santiago de Compostela. Picado con becho do teatro coa súa experiencia en Poio con Santa Compaña, acabaría traballando como figurante de películas. "Nunha das que traballei, o protagonista era Cantinflas, que chamaba por un médico, pero non había, así que me ofrecín para revisarlle a rodilla e cando lle contei que estaba de extra non se cría que era doutor, tras explicarlle a mia historia ao mesmo Cantinflas, que tiña moito poder no sindicato do cine, acabei traballando como médico de rodaxe", explica Moscoso.

A partir de ahí foi médico detrás das cámaras de filmes como "El zorro", onde coñeceu a Anthony Hopkins, Catherine Zeta-Jones e Antonio Banderas, con quen voltaría a coincidir en "Desperado", entre outras moitas películas nas que traballou. "Cando faltaba alguén dos figurantes sempre dicían, que saíse o médico, polo que era o doutor de rodaxe sen deixar de ser figurante", lembra Moscoso.

Máis alá do cine, Moscoso deixou a canción polo teatro, onde en México está moi recoñecido, especialmente como fundador das compañía teatral "La gabiota", pero a súa primeira experiencia teatral remóntase a Poio, onde no teleclube de Combarro fundaron a compañía Santa Compaña, que estrearíase con "Os vellos non deben de namorarse", de Castelao, que recorreu os teatro de Galicia e mesmo foi presentada polo galeguista Otero Pedrayo en Ourense.

"A min tocárame facer do portugués nesa obra, unha personaxe moi cómica", recorda o alcalde, Luciano Sobral. "De aquela non tiña nin idea de como dirixir unha obra", sincérase ao momento Moscoso. Desa experiencia de veciños que acudían ao teleclube formaron parte da compañía con Moscoso o propio Sobral, Manuel Cao, Modesto Pazos, Mercedes Serano ou Manuel Martínez, entre outros. Moscoso deixou en Poio a súa pegada de galeguista inconformista, pero Poio transmiteu a Moscoso o amor polo teatro.