A Asociación Queremos Galego Marín pechará as actividades do cuarto trimestre do ano 2018 coa presentación do libro "A flor máis fermosa" de Cris F. Será o sábado 15 de decembro.

No acto que terá lugar na biblioteca de Marín a partir das 12.00 horas, a autora, Cristina F falará do seu último conto "A flor máis fermosa". Trátase dun conto clásico para todas as idades cun final trepidante e inesperado que convida a inventar outro posible final.

Cristina F leva máis de vinte anos escribindo e ilustrando contos para o público máis miúdo. Entre as súas obras máis coñecidas está a colección de contos de Mala Malona, pero é tamén a autora doutros como Alfombriña, a colección de contos "A Comer!" e "Marisa", como expón Queremos Galego Marín.