A Asociación Queremos Galego Marín organiza por sexto ano consecutivo un magosto no que repartirá castañas a todas as persoas que se acheguen á Praza do Reloxo -no caso de chuvia o magosto sería no multiusos da praza de abastos- o sábado, 1 de decembro, a partir das 17.00 horas. Como en anos anteriores, ademais das castañas asadas de balde, tamén haberá música a cargo do grupo "Os de Marín" e para as máis pequenas e pequenos, e non tanto, xogos populares cos que colabora unha vez máis neste magosto a asociación Gharaboto. Se sortearán lotes de libros.