Os festival da lusofonía Cantos na Maré vive hoxe a súa segunda xornada, trala apertura do venres, e climatoloxía adversa obriga a facer cambios nos escearios. A organización sinala que o mal tempo "obriga a celebrar no interior as actividades de Cantos na Maré que ían ter lugar no exterior do Pazo da Cultura, pero este cambio non ten impacto no prezo das entradas dos eventos que ían ser celebrados nos escenarios Ultramaré e Baixamaré, concibidos inicialmente para o exterior do edificio".

Así, todos os eventos serán no Auditorio do Pazo da Cultura. As persoas que xa mercaran as súas entradas non teñen que facer cambio algún. Se por mor deste obrigado paso das actividades do exterior ao interior quixesen devolver os seus billetes, poderán xestionar a devolución a través das mesmas canles nas que mercarons as súas entradas. Tamén apunta que "o cambio poderá xerar alguna pequeña alteración horaria nos concertos, relacionada coa organización de todos os espectáculos nun mesmo estaribel".

Sexa como sexa, os concertos baixo teito non merman a calidade dos artistas, e entre a oferta de hoxe figuran, entre otros, Mercedes Peón, que presenta o seu quinto disco, e Chico César, un dos "fundadores" do festival. As 20.00 horas están programados os galegos Os Meninos e trinta minutos despois actuará Selma Uamusse, de Mozambique. Sobre as 21,45 será a quenda do brasileiro Chico César e as 23.15 subirá o esceario do Pazo a galega Mercedes Peón. A xornada de hoxe péchase con Throes + The Shine, de Portugal e Angola.

A clausura do festival será mañá domingo, cun espectáculo moi especial no que participarán varios artistas citados e un proxecto moi especial chegado desde Évora (Portugal). Trátase de Ath-Thurdá, promovido polo concello de Évora dentro das accións promocionais para a candidatura de esta localidade como Cidade Europea da Cultura en 2027 no que participarán artistas como Kepa Junkera, alen doutros músicos portugueses como Antonio Bexiga, Beatriz Nunes, Carlos Menezes e Celina da Piedade, entre outros.

O festival non só ten novos contidos senón tamén novos espazos para desenvolver actuacións e accións espallados pola cidade.