Xulio Amigo, director comercial da editorial Galaxia e que xa encabezara a feira é o novo presidente do Culturgal. Substitúe ao escritor e editor Manuel Bragado, que liderou ese gran escaparate das industrias culturais galegas dende 2014.

Culturgal 2018 celebrarase do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura e Xulio Amigo "reincorpórase á presidencia con moita ilusión e forzas renovadas, e co convencemento de que o estado de saúde da Feira é excelente", sinalan os voceiros da feira das industrias culturais.

Xulio Amigo explica que "nas dez edicións anteriores logramos construír unha marca de enorme valor, atraer e comprometer o público e consolidar un equipo de traballo cualificado e implicado".

O novo presidente traballa coas organizacións do gremio nun modelo estratéxico de feira a 4 anos.