17 de agosto de 2017
17.08.2017

O plan provincial para pequenos concellos "e insuficiente", di o PP

Moldes: "Vai recibir menos cartos que unha soa obra para unha cidade grande" - Di que se busca calmar a críticas dos alcaldes

17.08.2017 | 03:38
Ángel Moldes (dereita) voceiro provincial do PP. // FdV

O grupo provincial do Partido Popular critica o que califica de "miniplan" anunciado polo goberno da Deputación de Pontevedra para os concellos de menos de 20.000 habitantes, ó que consideran "insuficiente e electoralista". "Está moi ben que recoñezan que o Plan Concellos non funciona, estamos de acordo en que se vaian corrixindo os erros e as deficiencias que hai, pero entendemos que este plan é insuficiente. Ao final, son 6 millóns de euros ao ano e se o repartimos con todos os concellos pequenos da provincia (son 52), a cantidade é mínima", sinalou o voceiro Ángel Moldes.

"Non sabemos con que alcaldes consensuaron este plan, porque hai que recordar que a metade dos alcaldes da provincia continúan esperando a ser recibidos dous anos despois", cuestionou Moldes, pero o que está claro, lamentou, é que "os pequenos e medianos concellos volven a ser os grandes desfavorecidos deste bipartito PSOE-BNG". Recordou que "un plan para todos os concellos de menos de 20 mil habitantes vai recibir menos cartos que unha soa obra para unha grande cidade. Non é normal que unha soa actuación supere un plan destinado para todos estes concellos, máis cando o papel das Deputacións é precisamente estar ao lado dos pequenos e medianos".

Para Ángel Moldes, "pouco a pouco nos veñen dando a razón sobre o que o PP denunciou nestes dous anos, ao dicir que o Plan Concellos é insuficiente, non da cobertura ás demandas reais que teñen os alcaldes e no que faltan 20 millóns de euros".

Así, entende que si publican este novo "miniplan improvisado, insuficiente e electoralista", é precisamente para respostar ás queixas "e calmar as críticas dos alcaldes do PSOE e do BNG que tamén dicían que o Plan Concellos non estaba funcionando".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .